Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 20 familias do barrio da Milagrosa...

XUNTANZA DE POSTA EN MARCHA: MÉRCORES ÁS 20.30 HORAS NO FÓRUM

Máis de 20 familias do barrio da Milagrosa participan na campaña de

Luns 25 de xaneiro do 2016

Para este primeiro proxecto tívose en conta que a iniciativa está pensada para unha zona urbana (para o rural xa se ten posto en marcha o exitoso proxecto de compostaxe caseira que está dando uns resultados moi positivos), que fose unha zona ben definida e cun número de habitantes non excesivamente numeroso e que houbese unha dinamización do barrio, polo cal se decidiu de acordo por parte do equipo de Carballo Limpo que se puxera en marcha no Barrio da Milagrosa, para o que se contou co apoio da asociación empresarial do barrio. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden facelo a través do web de Carballo Limpo <www.carballolimpo.com>. O Concello agradece de antemán a colaboración da veciñanza, non só neste proxecto piloto, senón tamén coas chamadas que realiza ao 981 75 49 17 ou en Twitter en @CarballoLimpo.

Compartir: