Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde no pleno para a ampliación do...

APROBADO UN RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE 64.000 EUROS

Luz verde no pleno para a ampliación do estacionamento regulado por Zona Azul coa creación de 69 novas prazas

Martes 26 de xaneiro do 2016

A sesión tamén supuxo luz verde, aínda que neste caso só cos votos do BNG e a abstención de todos os concelleiros restantes, para un Recoñecemento extraxudicial de crédito, o primeiro dos dous que están previstos neste 2016 para recoñecer obrigas do exercicio anterior. Este primeiro recolle facturas presentadas en 2015 que por diferentes motivos non puideron pagarse antes de final de ano, e ten un importe de 64.260,55 euros. O seguinte está previsto para o mes de febreiro, neste caso para recoñecer facturas entregadas en 2016 que se emitiron en 2015 ou con albaráns de 2015. A porcentaxe do recoñecemento respecto da cifra total do orzamento de Carballo é dun 0,26. Durante o pleno tamén saíron adiante asuntos de trámite como a dación de conta da designación de novos membros do grupo municipal do Partido Popular nas comisións informativas e demais órganos colexiados do Concello de Carballo.

Mocións de urxenciaO PP e TEGA presentaron polo trámite de urxencia dúas mocións que foron admitidas a debate. A primeira, do PP, solicitaba que non se eliminen zonas axardinadas e árbores no Xardín Municipal; a segunda, de TEGA, solicitaba que un comité de expertos analice o expediente do contrato do ciclo integral da auga. Por diferentes motivos, as dúas foron finalmente rexeitadas. O pleno rematou coa comparecencia por parte de representantes da ANPA Raiante do CEIP Gándara-Sofán, a través do Regulamento de Participación Cidadá. Durante a súa intervención defenderon o seu dereito a votar a implantación da xornada única no seu centro.

Hai que mencionar que no apartado de Seguimento de órganos de goberno a sesión incluíu a dación de conta do Informe de intervención e tesourería respecto da Lei de medidas contra a morosidade relativo ao cuarto trimestre de 2015. O documento sinala que a ratio do Concello de Carballo entre outubro e decembro do ano pasado foi de 8,80, reducíndose o índice respecto do período anterior, en que fora de 9,66.

Compartir: