Inicio Carballo ao día Hemeroteca Conversa co escritor Manuel Rivas na Biblioteca...

XOVES 28 DE XANEIRO A PARTIR DAS 20.00 HORAS

Conversa co escritor Manuel Rivas na Biblioteca Rego da Balsa na presentación do seu libro "O último día de Terranova"

Mércores 27 de xaneiro do 2016

Un territorio de liberdade secreta no franquismo, onde as «botellas ao mar» do exilio retornan, en xeito de libros, en maletas e baúis de emigrantes. E será tamén o lugar de acollida para unha personaxe engaiolante, Garúa, unha moza exiliada arxentina, cuxa chegada transformará a vida de Terranova en tempos da chamada Transición, aínda perigosos e de gran incerteza histórica. Galicia, Bos Aires, Madrid, París, Lisboa..., xunto ao Pulmón de Aceiro, a Cámara Estenopeica, a Terra Escondida, a Memoria Profunda, o Faro e a Liña do Horizonte, son territorios e espazos reais que tamén pertencen á xeografía íntima da libraría Terranova. O último día de Terranova é unha novela de enxeño multiforme onde conflúen os xéneros literarios entrelazándose a serie negra, o humor da poética surrealista mesturado co da oralidade popular, e un realismo tan a rentes do chan como transcendente. A libraría Terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecíbel. Vinde a coñecera á Biblioteca Rego da Balsa.

Compartir: