Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Casa do Concello expón o venres 29 de...

ESTARÁ DISPOÑIBLE DE 11.00 A 14.00 E DE 16.00 A 20.00 HORAS

A Casa do Concello expón o venres 29 de xaneiro a Copa do Rei ACB de baloncesto para achegar o trofeo a toda a veciñanza

Xoves 28 de xaneiro do 2016

Queredes ver de preto o trofeo da Copa do Rei ACB? Queredes facer unha foto con el como se fosedes os campións? Pois podedes facelo a través da #CopaTourCaixaBank que visita once municipios galegos e que o venres 29 de xaneiro estará na Casa do Concello de Carballo. Calquera veciño ou veciña que o desexe, pode achegarse ao vestíbulo da casa consistorial para ver a Copa de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Este percorrido organizado pola ACB e Caixabank nace coa vontade de achegar o trofeo da Copa do Rei a todas aquelas persoas amantes do baloncesto que queiran formar parte dun gran evento coma este. De todas formas, se o venres non podedes vir ao Concello e quedades coas gañas, o trofeo visitará nos próximos días Lugo, Marín, Ribeira, Pontevedra, Ourense e Santiago de Compostela para que o maior número posible de afeccionados e afeccionadas se acheguen a el. Ademais, todas aquelas persoas que participen no tour e se fotografíen co trofeo poderán participar nun sorteo semanal que se celebrará a través de Twitter e que terá como premio material da marca deportiva Under Armour (provedor oficial da Copa do Rei) e un sorteo final no que se poderá gañar un abono dobre para poder vivir en directo a Copa do Rei A Coruña 2016 que comeza o 18 de febreiro. As condicións para participar podedes consultalas na páxina web .

Compartir: