Inicio Carballo ao día Hemeroteca "A guerra das galaxias" e David Bowie van da man...

ACTIVIDADES ENTRE O 3 E O 23 DE FEBREIRO

"A guerra das galaxias" e David Bowie van da man no cartel do Entroido para animar á veciñanza a vivir os disfraces

Mércores 27 de xaneiro do 2016

Marcos Trigo quixo subliñar a elevada participación nas citas en anos anteriores, con entre 500 e 600 persoas desfilando no concurso do domingo e máis de 200 no Enterro da Sardiña do martes. Así mesmo, avanzou que, en caso de choiva, a Concellaría de Cultura está estudando aprazar a celebración do concurso en lugar de levalo ao Pavillón Carballo Calero da Zona Bergantiños. O motivo é o escaso aforo do pavillón e tamén o feito de que as carrozas non poden desfilar no interior das instalacións. En todo caso, Trigo desexou que finalmente estas medidas non sexan necesarias e que o desfile poda celebrarse na rúa, que é onde hai que vivir o Entroido. O Concelleiro subliñou tamén a importancia de que os participantes do concurso fagan caso das recomendacións de seguridade da Policía Local e de Protección Civil.

Baile de maiores e citas nas parroquiasEste ano, a Concellaría de Terceira Idade colabora de novo co Entroido patrocinando a celebración o domingo 7 do baile posterior ao desfile coa Orquestra Trébol, e coa celebración o martes 9 ás 18.00 horas dunha festa e baile de disfraces para maiores co Dúo da Festa. Por último, o Entroido contará coa animación da charanga Quepasa, e Marcos Trigo quixo lembrar todas as citas, bailes e concursos que teñen lugar nas parroquias, este ano en Berdillo, Ardaña, Artes e Sísamo, e na capital municipal no Casino, no barrio do San Cristovo e no CEIP A Cristina coa organización da ANPA do centro.

Os interesados e interesadas poden consultar o programa completo do Entroido 2016 nun documento en pdf nesta mesma nova. Para coñecer as bases e os requisitos para participar no concurso e no Enterro da Sardiña, clicade aquí.

Compartir: