Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Milagrosa contará con sete colectores para...

AS 21 FAMILIAS COLABORADORAS XA RECIBIRON AS CHAVES E AS BOLSAS

A Milagrosa contará con sete colectores para recoller unicamente restos de comida e poñer en marcha o proxecto

Xoves 28 de xaneiro do 2016

En xeral, a maior parte das dúbidas dos asistentes centráronse en que tipo de residuos deben depositar. A conclusión é que unicamente poden deixar comida, aínda que a cortiza empregada para os tapóns das botellas ou as pólas ou restos de plantas tamén pode ir no colector marrón no que se ten denominado "a quinta fracción" de lixo. Ao remate, todos e todas as presentes asinaron para levar o material para a casa, e o Alcalde, Evencio Ferrero, quixo agradecer a colaboración dos veciños e veciñas, gabou que sexa unha experiencia piloto para o barrio da Milagrosa e desexou que sexa un éxito. Dentro de seis meses, avaliaranse os resultados da iniciativa. Hai que lembrar que o Concello, ademais de iniciar este proceso para mellorar o tratamento dos residuos orgánicos na capital municipal a través do programa Carballo Limpo, leva certo tempo desenvolvendo un proxecto de compostaxe caseira no rural con moito éxito e numerosos participantes. Os interesados e interesadas en obter máis información, poden facelo a través do web de Carballo Limpo <www.carballolimpo.com>. O Concello agradece de antemán a colaboración da veciñanza, non só neste proxecto piloto, senón tamén coas chamadas que realiza ao 981 75 49 17 ou en Twitter en @CarballoLimpo.

Compartir: