Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo, A Laracha e Malpica únense para...

OS TRES CONCELLOS COLABORARÁN PARA DESENVOLVER O PROGRAMA

Carballo, A Laracha e Malpica únense para solicitar á Xunta a organización dun Plan Integral de Emprego para 60 persoas

Sábado 30 de xaneiro do 2016

Así, a iniciativa non só procura ofrecer aos participantes os coñecementos e experiencia precisos para acceder a un posto de traballo, senón que tamén promove o autoemprego e a creación de empresas ou sociedades. Como primeiro paso desenvolveríanse unha serie de accións específicas preparatorias, en grupos de traballo sectoriais e con empresas e institucións relacionadas con cada especialidade. Ao mesmo tempo, os participantes recibirían formación transversal en materia de busca activa de emprego (elaboración do currículum, ofertas de emprego na Internet ou empresas de traballo temporal, orientación laboral, formación sobre emprendemento, etc.). Todos os cursos e accións formativas serían desenvolvidas en instalacións municipais dos tres Concellos e deseñadas e titorizadas por profesionais cualificados. Os alcaldes de Carballo (Evencio Ferrero), A Laracha (José Manuel López Varela) e Malpica de Bergantiños (Eduardo Parga) acordaron, nunha recente reunión de traballo mantida para ultimar o contido e as estratexias deste Plan Integrado de Emprego, que sexa o Concello da Laracha o que lidere o programa sendo, por tanto, o responsable de remitir o proxecto á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para propoñerlle o seu cofinanciamento.

Compartir: