Inicio Carballo ao día Hemeroteca Ratificada a aprobación definitiva do Plan Xeral...

O ACTO CONTOU COA PRESENZA DA CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE

Ratificada a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo coa sinatura da Orde da Xunta

Xoves 4 de febreiro do 2016

Ferrero quixo nomear en concreto tanto ao equipo redactor do PXOM de Fernández Carballada, ata ao persoal da Oficina Técnica Municipal -todos eles acudiron a presenciar a sinatura-, pasando polos concelleiros de Urbanismo que nalgún momento supervisaron os traballos, como son Manuel Andrade (TEGA), José Antonio Viña (PSOE) e a responsable actual do BNG, Milagros Lantes. Así mesmo, tivo verbas para todas e todos os integrantes da Comisión de Urbanismo, que dedicaron moitas horas de traballo a este plan, e para todo o persoal administrativo municipal encargado de revisar o documento folla por folla. Por último, tamén manifestou o seu agradecemento expreso para a propia Mato, para a Secretaria Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas -presente no acto- e mesmo para o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que chamou esta semana en persoa ao Alcalde carballés para informarlle da aprobación definitiva do PXOM. Beatriz Mato quixo tamén facer extensivos os seus parabéns a "todas as persoas que participaron na elaboración deste plan" porque "cando as cousas se fan en colaboración é moitísimo máis doado sacalas adiante".

Seis anos de xestións coa XuntaA Conselleria de Medio Ambiente tamén quixo resaltar que, tendo en conta "a casuística especial" do Concello de Carballo, "seis anos non son moitos" para sacar adiante un planeamento que contou coa colaboración "de todos os grupos políticos" e que, segundo subliña Mato "reflicte un urbanismo responsable". Rematou dicindo que dende a Xunta "para nós tamén é un día especial" e manifestou o seu desexo de "seguir traballando co Concello de Carballo, aínda que sexa noutros asuntos". O acto para ratificar a aprobación definitiva, breve e sinxelo, comezou na Alcaldía coa sinatura de Beatriz Mato no Libro de Honra do Concello, no que desexou "contribuír a mellorar a calidade de vida dos veciños". Xa no salón de plenos, ademais de contar coa presenza dos traballadores e traballadoras da Oficina Técnica Municipal, o acto tamén contou coa asistencia da actual Concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Milagros Lantes; dos ex concelleiros de Urbanismo Manuel Andrade e José Antonio Viña, encargados tamén no seu día de elaborar o documento; do deputado e voceiro de Sanidade no Parlamento por parte do PP e ex Concelleiro de Carballo, Aurelio Núñez Centeno; e de numerosos respresentantes de todos os grupos políticos da corporación.

Compartir: