Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Bolsa de Traballo do Concello de Carballo...

DISPOÑIBLES POSTOS DE COMERCIAL, MECÁNICOS E ELECTRICISTAS

A Bolsa de Traballo do Concello de Carballo comezou o ano cun incremento das ofertas de emprego con doce solicitudes

Sábado 6 de febreiro do 2016

A Bolsa de Traballo do Concello de carballo ofrece as instalacións do Fórum ás empresas para realizar as entrevistas de traballo e/ou levar a cabo os procesos de selección, ademais de concertas as citas cos/as candidatos/as aptos/as para estes procesos de selección no lugar indicado pola entidade contratante. No mes de xaneiro non só se rexistrou un aumento das ofertas de emprego, senón tamén do número de persoas usuarias, cun total de 60 altas. En pouco máis de tres anos en funcionamento, A BDT conta con máis de 2.000 demandantes de toda Galicia. Co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos/as usuarios/as, o servizo municipal está a preparar o plan de formación para este ano, que incluirá cursos adaptados tanto ás necesidades das persoas inscritas na Bolsa de Traballo coma das empresas. Lembramos que a Bolsa de Traballo do Concello de Carballo é un servizo municipal que ten a súa sede no Fórum Carballo. O horario de atención ao público é de 8.30 a 14.30, de luns a venres, tanto presencialmente como a través do teléfono 981 709 011.

Compartir: