Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 18 comparsas e 9 carrozas participan...

ABERTO AÍNDA O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA GRUPOS E INDIVIDUAIS

Un total de 18 comparsas e 9 carrozas participan no Concurso e Desfile de Entroido do domingo 7 de febreiro

Sábado 6 de febreiro do 2016

O número e procedencia dos concursantes reflicte que o interese do Desfile trascende a toda a comarca, xa que ademais de concursantes de Carballo, participarán grupos de Negreira, Cambre, Arteixo, A Coruña, Coristanco, Vimianzo, Tordoia, Laracha, Carral e mesmo Asturias. O número previsto de persoas disfrazadas ´é de arredor de 600. Esta nova edición do Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas será presentado polo actor Oswaldo Digón, actor, monologuista e guionista. Moi vinculado ao mundo do espectáculo da improvisación e, sobre todo, do humor, a súa faceta máis coñecida. Participa en programas televisivos como El Club de la Comedia, Diálogos en 3D ou na autómica Luar, entre outras. O Desfile estará animado pola charanga Quepasa. O xurado que terá a difícil tarefa de avaliar aos participantes estará presidido polo Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e, ademais do presentador do acto, forman parte del representantes de varias entidades culturais de Carballo.

ItinerarioEste ano o Desfile transcorrerá por un itinerario diferente ao do ano pasado (en que variara por motivo das obras na Praza do Concello) pero retoma a súa ruta orixinaria desenvolvida dende hai anos. No caso dos participantes na categoría infantil, o percorrido será polas rúas Cervantes, Gran Vía, Rosalía de Castro, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela; e para os da categoría de adultos, incluirá as rúas Cervantes, Gran Vía, Doctor Fleming, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela. Este ano o escenario, no que estará o xurado, volverá a estar situado no centro da Rúa Colón e o desfile rematará ao final da rúa Desiderio Varela. As comparsas e carrozas poderán realizar unha interpretación musical, coreográfica ou escénica diante do escenario dunha duración máxima de 2 minutos. A duración estimada do desfile é de hora e media ou hora e corenta e cinco minutos.

En consonancia coas recomendacións e medidas de seguridade que deberán cumplir os participantes, prégase aos espectadores que respecten os espazos reservados para eles, que non crucen as rúas mentres transcorre o desfile e, especialmente que os pais e nais vixilen aos nenos e nenas e manteñan aos máis cativos agarrados das mans. A Policía Local de Carballo e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil serán os encargados de velar pola seguridade, aos que a Concellaría de Cultura, organizadora deste evento, agradece o seu labor e colaboración. Ademais colaboran para que todo se desenvolva correctamente a Brigada Municipal de Obras, o servizo de limpeza viaria Aspaber-UTE e a empresa concesionaria do alumeado público Ferroser - Ferrovial.

Baile coa Orquestra TrébolUnha vez rematado o desfile, será o turno do baile de disfraces, patrocinado pola Concellaría de Terceira Idade, coa orquestra Trébol, formación vinculada a Carballo xa que varios dos seus membros son da nosa vila. Durante o baile, entre as 20.30 e as 21.00 horas aprocimadamente realizarase e a entrega de premios. As actividades están previstas para a Praza do Concello, aínda que se a previsión meteorolóxica así o indicase, podería decidirse o seu trasladalo para o Pavillón Polideportivo Bergantiños (rúa Carballo Calero), tal e como se prevé nas Bases do Concurso (aínda que non é moi previsible o cambio xa que os servizos meteorolóxicos prognosticaron unha tarde de domingo tranquila con algunha que outra "pingueira". Se houbera que realizar o traslado comunicaríase aos medios de comunicación e aos inscritos e inscritas o antes posible).

Compartir: