Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unhas animadísimas drag-queens de Asturias...

O MARTES 9: ENTERRO DA SARDIÑA A PARTIR DAS 21.00 HORAS

Unhas animadísimas drag-queens de Asturias gañaron o Concurso de disfraces, comparsas e carrozas de Entroido

Luns 8 de febreiro do 2016

Por último, non hai que esquecer o premio de Choqueiro de Bergantiños (100€), que recaeu en Martín Fernández da carroza "Apeiros.com". E despois dunha das citas máis relevantes, a festa continúa o martes 9 de febreiro A primeira das citas, que terá lugar no Pazo da Cultura a partir das 18.00 hpras, será a xa tradicional Festa e Baile de Disfraces para a Terceira Idade que organiza a Concellaría que dirixe María del Carmen Regueira Baldomir e que amenizará o Dúo da Festa. A entrada é gratuíta e a organización anima a todos os asistentes a que vaian disfrazados. Xa a partir das 18.30 horas a Charanga "Quepasa" realiza un pasarrúas pola vila e tamén acompañárá á comitiva fúnebre que partirá da Praza do Concello para despedir o Entroido 2016 co Enterro da Sardiña. Esta actividade celebrarase a partir das 21.00 horas e consistirá nunca escenificación da morte da sardiña na Praza do Concello e a continuación un percorrido polas rúas Coruña e Hórreo, Praza de Galicia, Rúa Fomento e Parque do Anllóns, lugar onde se celebrará o enterro. A actividade participara o alumnado da Aula de Teatro Municipal de Carballo así como o grupo Coro Vagalume e o Grupo de Voluntarios de Cruz Vermella.

Co obxecto de fomentar a participación dos veciños e veciñas de Carballo nesta actividade establécense 10 subvencións para todos aqueles grupos formados por máis de 5 persoas (nenos ou adultos) ataviados con roupas e obxectos propios dunha "comitiva fúnebre" para acompañar o enterro. Os interesados/as en inscribirse aínda poden facelo propio martes 9 entre as 19.30 e as 20.30 na Praza do Concello. A Concellaría de Cultura quere agradecer a colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, da Policía Local de Carballo e da Brigada Municipal de Obras tanto para axudar á celebración do Concurso como para coordinar o enterro. Tamén anima a participar nesta última cita a todos aqueles veciños e veciñas da vila que queiran despedir o Entroido 2016. Os interesados/as poden ver todas as imaxes do Concurso e Desfile de disfraces, comparsas e carrozas de Entroido celebrado o domingo 15 de febreiro clicando aquí. Tamén pode verse máis abaixo un vídeo con algúns dos mellores momentos da cita en Youtube.

Compartir: