Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello adecúa os parques infantís con xogos...

TAN SÓ QUEDAN PENDENTES DE REMATAR OS LABORES EN NOVE ESPAZOS

O Concello adecúa os parques infantís con xogos adaptados, unha pista multideporte e o primeiro parque cuberto

Xoves 11 de febreiro do 2016

Así mesmo, numerosos veciños e veciñas veñen reiterando a dispoñibilidade dun espazo cuberto que facilite o ocio infantil tamén no inverno. Neste sentido, o Concello xa ten elaborado o proxecto que converterá o Parque do Anllóns no primeiro cuberto non só do municipio, senón de toda a Costa da Morte. Trátase dunha actuación que se acometerá con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) que financia a Deputación da Coruña. Dentro do mesmo plan acometerase a reforma integral do parque infantil da Praza de San Cristovo, no que se renovarán o pavimento e todos os xogos. O Concello de Carballo ten en marcha, así mesmo, os traballos de instalación dunha pista multideporte na Praza do Concello, un novo espazo pensado para que os nenos e nenas poidan practicar deporte e xogar con comodidade e seguridade. E ademais, para que os espazos infantís teñan o mellor aproveitamento posible, en breve acometerase tamén o reforzo do alumeado nos parques.

Relación de parques nos que se está actuandoOs parques infantís nos que xa están rematados os traballos son os seguintes: Praza do Concello, Parque do Anllóns (I e II), Parque do Chorís, Rego da Balsa (normal e biosaudable), Rúa Eduardo Pondal, Praza da Cruz Vermella, A Milagrosa, A Ponte, Praza do Outeiro, Praza Hospital, A Brea, CEIP Xesús San Luís Romero, CEIP Fogar, CEIP A Gándara, CEIP Nétoma, Praia de Arnados (Razo), Centro Social de Sofán, Praza de Ramil, Capela de Santa Lucía (Feira de Berdillo), Ramil (Rus), San Paio (Entrecruces), Rapadoiro (Noicela), Vilela, Escola de Vilela, Escola de Cances da Vila (Cances), Parque Xoane (Carballo), Escola As Encrucilladas (Oza), Escola de Xoane (Goiáns), Escola A Raíña (Sísamo), Escola O Moucho (Berdillo) e Escola de Gontade (Ardaña).

Os parques infantís que están pendentes e que se emprenderán as melloras proximamente son os seguintes: o da Escola Infantil As Landras, o da Capela de Paradela, o situado nas Pallas, en Vivente (Ardaña), na Escola As Carballeiras (Bértoa), na Escola O Mirón (Bértoa) na Escola O Almacén (Artes), na Escola O Piñeiro (Entrecruces) e na Escola de Outón (Rus).

Compartir: