Inicio Carballo ao día Hemeroteca Intensa semana de actividades para o proxecto...

OS DÍAS 17, 18 E 21 DE FEBREIRO: NA LUDOTECA E NO PAZO DA CULTURA

Intensa semana de actividades para o proxecto Apego con obradoiros, contacontos e a festa o domingo con María Fumaça

Luns 15 de febreiro do 2016

Poderán participar en "Había unha vez..." até 15 persoas nais e/ou pais, presentes ou futur@s, por orde de inscrición, que pode facerse de balde no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo ou no enderezo electrónico <nelvidal@carballo.gal> achegando os seguintes datos: nome e apelidos; teléfono e enderezo electrónico de contacto; en caso de ter fillo/a(s), nome e idade. E o fin de festa da semana chega con María Fumaça e "Xiqui xoque, fiú fiú!", unha festa-concerto no Día da Lingua Materna con Uxía e compañía!. Será o domingo 21 de febreiro, ás 18.00 horas no Pazo da Cultura. María Fumaça é un concerto-espectáculo para celebrar a vida. Os artistas lévannos a viaxar canda eles no tren máis festeiro. Nos seus vagóns o ambiente sempre é de festa e todo os que soben gozan de bo humor, de cancións-lambetadas e de ritmos-aloumiños.

No Día da Lingua Materna, ao ritmo da rumba, da muiñeira, da samba, do hip hop ou do rock, a cantante Uxía e compañía viaxan neste espectáculo creado para agasallar a Rui -un neno con capacidades especiais- e que nos reencontra cun mundo no que todo é posible, en especial a maxia e a felicidade. Poden participar nenos e nenas (idade recomendada, a partir de 3 anos) e familias. É necesario pagar entrada: 3 € prezo ordinario e 2 € prezo especial con desconto. Pódese reservar xa no Pazo da Cultura de Carballo (981 704 300) chamando de 11.00 a 14.00 horas. Aforo limitado.

Compartir: