Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicado na Xunta de Goberno Local o contrato...

APROBADAS AS BASES DO XII PREMIO A ARTIGOS NORMALIZADORES

Adxudicado na Xunta de Goberno Local o contrato de obras para crear unha rede de saneamento no Rodo, parroquia de Oza

Luns 15 de febreiro do 2016

Outro dos asuntos da orde do día foi a aprobación das bases do XII Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores do Concello de Carballo 2016, que ten como obxectivo incentivar a reflexión sobre as situación social da lingua, crear espazos nos medios para fomentar o uso do idioma galego e promover o uso da lingua galega na prensa escrita. O último día para presentar artigos será o 14 de abril de 2016. Outorgarase un premio de 1.000 euros e a publicación do artigo nos medios colaboradores que son Galicia Confidencial, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza, Tempos Novos, La Opinión de A Coruña, El Correo Gallego, Diario de Bergantiños e La Voz de Galicia. Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou o pago dos premios outorgados no Concurso de Escaparatismo de Nadal 2015 (1.000€ a Muebles Luís; 500€ a Poppy; 250€ a Miriñaque; e 250€ a Amai-Store).

No apartado de subvencións, a Xunta de Goberno acordou solicitara unha axuda á Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da orde do 28 de decembro de 2015 para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia. O Concello de Carballo presenta un "Proxecto técnico para a reposición da capa de rodadura no Polígono Industrial de Bértoa" por un importe de 164.793.25 euros. En caso de ser concedidas, o importe das axudas será dun 80 por cento do importe total do proxecto cun importe máximo de 120.000 euros. Por último, a Xunta de Goberno supuxo luz verde para un vao permanente, seis licenzas de obra e dúas licenzas de parcelación.

Compartir: