Inicio Carballo ao día Hemeroteca O III festival de contidos dixitais Carballo...

O CICLO FORMATIVO AMPLÍA A SÚA OFERTA A NENOS E NENAS

O III festival de contidos dixitais Carballo Interplay volve os días 5, 6 e 7 de maio e ofrece unha nova edición do FormaCIP

Mércores 17 de febreiro do 2016

O primeiro dos obradoiros titúlase "A web como canle para contar historias" impartido por Oscar Otero. Unha semana máis tarde, os días 19 e 20 de marzo, será o produtor Felipe Lage quen imparta o obradoiro "Produción e financiación".A fin de semana do 2 e o 3 de abril, María Yáñez impartirá un curso titulado "Marketing na rede e dende abaixo para o teu produto audiovisual". Todos eles custarán 20 euros. A fin de semana seguinte, Alfonso Zarauza ofrecerá un obradoiro de tres días sobre "Dirección de actores", que custará 30 euros. E do 26 de abril ao 1 de maio as persoas que o desexen poderán coñecer de primeira man todo o proceso de "Creación dunha webserie: Do guión á distribución", da man de David Saínz e Teresa Segura, cun custo de 100 euros.

Os obradoiros para nenos e nenasEste ano o FormaCIP amplía a súa oferta para chegar tamén a nenos e nenas. Dende o obradoiro de Robótica con Lego Mindstorms que impartirán os Code Monsters e o de Micropaleta gráfica Codeco dos Esferobite, para nenos e nenas de 7 anos ou máis; ata o de Robótica express: programación e electrónica con Arduino, impartido tamén por Code Monsters, para rapaces de a partir de 12 anos; pasando pola Creación de emoticonos analóxicos de Paula Fraile, de 9 a 13 anos; todos os obradoiros infantís do FormaCIP serán gratuítos. As datas e os horarios, así como o sistema de inscrición, publicaranse proximamente na web <www.carballointerplay.com>. Quen o desexe, pode solicitar información a través do correo electrónico <formacion@carballointerplay.com>.

Compartir: