Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Venres Culturais continúan co teatro de...

VENRES 19 E DOMINGO 21 DE FEBREIRO

Os Venres Culturais continúan co teatro de Producciones Viridiana e co espectáculo infantil "Xiqui xoque, fiú fiú!"

Martes 16 de febreiro do 2016

Ademais, o domingo 21 de febreiro é o Día da Lingua Materna, que festexaremos ao ritmo da rumba, da muiñeira, da samba, do hip hop ou do rock. A cantante Uxía e Compañía (Sergio Tannus, Magín Blanco ou Santiago Cribeiro) viaxan neste espectáculo creado para agasallar a Rui - un neno con capacidades especiais- e que nos reencontra cun mundo no que todo é posible, en especial a maxia e a felicidade. O prezo das entradas é de 3€ e de 2€ reducido. A función (ao igual que a do venres) terá lugar no auditorio do Pazo da Cultura a partir das 18.00 horas. Estes dous espectáculo contan coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) As entradas poden xa reservarse na Concellaría de Cultura (981 704 300) de 11.00 a 14.00 horas.

Compartir: