Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os veciños e veciñas de Carballo doaron en 2015...

ISTO SUPÓN UN INCREMENTO DO 5 POR CENTO RESPECTO DE 2014

Os veciños e veciñas de Carballo doaron en 2015 máis de 59 toneladas de téxtil usado para a súa reutilización e reciclaxe

Xoves 18 de febreiro do 2016

As pezas depositadas nos colectores de Humana teñen dous destinos: unha parte envíase ás plantas de clasificación (en Madrid, Barcelona ou Selecta) e o resto véndese a empresas de reciclaxe. As pezas enviadas ás plantas distribúense así:

  • O 59 por cento prepárase para a reutilización. Desta porcentaxe, o 14 por cento destínase á tendas de segunda man; e o 45 por cento restante expórtase a África para ser vendida a prezos baixos a comerciantes locais coa fin de satisfacer a demanda destes países, impulsar a actividade económica local e xerar recursos para o desenvolvemento.
  • O 35 por cento destínase a reciclaxe.
  • O 2 por cento a valorización enerxética.
  • O 4 por cento a tratamento final (centro de tratamento de residuos).

Humana sinala que cada vez hai máis consciencia dos beneficios ambientais e sociais que representa a correcta xestión de residuos téxtiles. Dende a ONG manifestan o seu agradecemento aos cidadáns e cidadás polas súas doazóns e subliñan que detrás de cada colector hai un traballo intenso de preparación para a reutilización, coa finalidade de alargar a vida útil das pezas e dar un fin social á roupa usada. Todos os recursos xerados coa actividade de recollida e valorización da roupa en España dedícanse á fin social da organización. Grazas a iso, entre 2010 e 2014 destináronse 9,3 millóns de euros a proxectos de educación e agricultura en África, América Latina e Asia.

Sobre HumanaHumana é unha organización non gobernamental para o desenvolvemento (ONGD) que desde 1987 promove a protección do medio ambiente a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación en África, América Latina e Asia así como de axuda social en España. A organización dispón de 5.200 colectores para a recollida de roupa e calzado nas principais cidades españolas.

Humana dispón de 37 tendas de venda de roupa de segunda man en Madrid (18), Barcelona (15), Sevilla (2) e Selecta (2) que xeran os recursos necesarios para o financiamento dos programas de cooperación. A Fundación leva a cabo campañas de sensibilización ao redor da importancia da reutilización e a reciclaxe téxtil para a protección do medio ambiente e como fonte de recursos para a cooperación nos países do Sur. Humana conta actualmente con 420 empregados e forma parte da Federación Humana People to People, que agrupa a organizacións de 32 países.

Compartir: