Inicio Carballo ao día Hemeroteca O director Ignacio Vilar principia a segunda fase...

O EQUIPO ESTARÁ NA VILA A PARTIR DO 22 DE FEBREIRO

O director Ignacio Vilar principia a segunda fase de rodaxe do seu novo filme,

Xoves 18 de febreiro do 2016

Hai que lembrar que o Concello de Carballo colabora coa rodaxe de "Sicixia" a través dun convenio de colaboración. Así, a vila acollerá a estrea oficial do filme, coa participación do equipo técnico e artístico, sendo tamén a vila protagonista nos labores xerais de promoción. A cinta contará con distribución internacional e presenza nos festivais de cine máis prestixiosos. O Concello realizará unha colaboración trianual coa empresa Vía Láctea Filmes, por un importe total de 12.000 euros repartidos nos exercicios de 2013, 2014 e 2015 e que contribuirán, na primeira anualidade, á documentación, investigación, busca de localizacións, tratamento, guión e preparación da rodaxe; na segunda anualidade a achega destinarase a gastos de rodaxe, alugueiro de equipos, salarios, decoración ou post produción; na anualidade de 2015 a achega contribuirá á estrea, promoción e publicidade de "Sicixia" na Costa da Morte, así como nas diferentes cidades galegas e estatais e nos festivais internacionais aos que concorra o filme. Carballo tamén colaborará durante os días da rodaxe do filme, e na medida das súas posibilidades, facilitando os permisos necesarios ou a colaboración de Protección Civil, Policía Local, Bombeiros, etc. A película compleméntase coa creación por parte de Vía Láctea Filmes dunha exposición fotográfica itinerante con imaxes de alta calidade obtidas durante a rodaxe, así como coa distribución de vídeos para inserir en redes sociais relacionados con Carballo e a Costa da Morte.

Compartir: