Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Feira das Oportunidades trasládase aos...

SÁBADO 12 E DOMINGO 13 DE MARZO DE 10.00 A 21.00 HORAS

A Feira das Oportunidades trasládase aos aparcadoiros do Rego da Balsa e volve coa mellor oferta de stocks de tempada

Xoves 25 de febreiro do 2016

O Alcalde, Evencio Ferrero, quixo subliñar o cambio de localización, cuns novos aparcadoiros que espera que axuden a cubrir as necesidades "non só dos comerciantes, senón tamén dos usuarios e usuarias nas próximas feiras", ofrecendo máis facilidades para estacionar e comprar. A listaxe de establecementos que a día de hoxe teñen confirmada a súa participación na feira é a seguinte: Alonso Moda, Lola's, Deportes San Remo, Maiela, Atmósfera Sport, Moda Suárez, B&S moda de complementos, Un paso máis, O Rastrillo, Coco moda, Farmacia Veterinaria, Calzados Lolita Anido, Perfumería Garrote, Agrobergantiños, El rincón de María, Amar Moda, Benetton, Mímate, O barco dos soños, Alquileres Reneymar, Zapatillería Isabel, Sueño de Hadas, Sos Tronic, Zapatería infantil Kioba, A tenda de Uxía, Hinchables Coruña, La Voz de Galicia, ademais dunha área de descanso e dun posto reservado para o CCA Carballo.

Compartir: