Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno aborda a aprobación de dous proxectos...

A SESIÓN INCLÚE A CESIÓN DE DEPENDENCIAS PARA A OFICINA DO DNI

O pleno aborda a aprobación de dous proxectos para reurbanizar as rúas Ponte e Desiderio Varela da capital municipal

Venres 26 de febreiro do 2016

As outras actuacións incluídas no PAI son o proxecto técnico para completar a mellora da capa de rodadura no lugar de Cances Grande, por un importe de 55.036,32 euros; e un proxecto para reparar varias rúas do casco urbano de Carballo por 72.964,25 euros. O acordo inclúe así mesmo a aprobación do Plan Complementario, que recolle un proxecto para eliminar as barreiras arquitectónicas nos itinerarios peonís escolares do Pedibús, por un importe de 143.579,52 euros. Outro dos puntos relevantes da orde do día é o visto e prace para a cesión temporal de uso das dependencias municipais á Administración Xeral do Estado, Ministerio do Interior (Policía Nacional), para a unidade de estranxeiría e documentación. Por este acordo a Casa do Concello acollerá na planta baixa, nas antigas dependencias dos servizos sociais, cunha oficina para que os veciños e veciñas podan tramitar a renovación do DNI ou a expedición do pasaporte directamente en Carballo, sen necesidade de esperar a ter que pedir cita na unidade móbil que se despraza á vila entre tres e catro veces ao ano ou de desprazarse á Coruña ao cuartel de Lonzas ou á xefatura da Avenida Alférez Provisional. Segundo sinala o Alcalde a cesión das oficinas, con entrada dende a rúa Cervantes, sería por un prazo de 15 anos e, ademais da cesión do espazo, o Concello achega o mobiliario e os equipos informáticos necesarios para a posta en marcha do servizo, que, en verbas de Ferrero, "será moi beneficioso para as veciñas e veciños no só de Carballo, senón de toda a Costa da Morte".

A orde do día recolle tamén a aprobación da conta de recadación de 2015 que no período voluntario supuxo a recadación de arredor de 8,5 millóns de euros, con valores pendentes de cobro por valor duns dous millóns de euros. Segundo o informe, en xeral, as porcentaxes de eficiencia dos servizos de recadación do Concello son moi elevadas, con niveles superiores ao 90 por cento na maioría dos casos, chegando ao cen por cen no caso do IBI (Imposto sobre Bens Inmobles) de características especiais e ao 94 por cento no imposto sobre vehículos e na taxa do lixo das vivendas.

Apartado de mociónsOs grupos do PSOE e de TEGA presentan dúas mocións para o seu debate plenario. O PSOE insta á Xunta de Galicia a que siga programando durante o ano 2016 un plan especial e específico, de xeito inmediato, que dea resposta á demanda de todos os/as alumnos/as que queiran acceder á formación precisa par obter o carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios de Nivel Básico; e que siga adaptando este plan ás necesidades e especificidades dos/as alumnos/as facilitando o máximo permitido o acceso a dita formación. Na comisión informativa a moción, cunha pequena emenda solicitada polo PP, saíu adiante co apoio de todos os grupos.

TEGA, pola súa banda, presenta unha proposta na que solicita a gravación íntegra dos plenos da corporación así como, das mesas de contratación en formato vídeo e que se desenvolvan os mecanismos necesarios para retransmitilos en directo, a través do web municipal, con servizo de transcrición e videoactas dixital; solicita tamén que no prazo máis curto de tempo posible se dean os pasos necesarios para retransmitir en directo, dende a páxina web do Concello, o desenvolvemento dos plenos municipais e das mesas de contratación; por último piden que as gravacións se expoñan, sen cortes, na páxina web municipal, de modo que se vexa e escoite a toda a corporación municipal e todas as intervencións de cada un dos representantes públicos de forma completa.

Compartir: