Inicio Carballo ao día Hemeroteca O barómetro municipal reflicte que a poboación do...

O COLECTIVO DE ESTRANXEIROS MÁIS NUMEROSO É O DE RUMANÍA

O barómetro municipal reflicte que a poboación do Concello é de 31.312 habitantes, cun total de 982 altas no padrón en 2015

Venres 26 de febreiro do 2016

No que respecta aos expedientes administrativos, a actividade ten medrado en máis dun 11 por cento en 2015 respecto do ano anterior, con 30.109 documentos rexistrados tanto de entrada, como de saída como na xanela da Xunta de Galicia (con 6.904 trámites). A Oficina Técnica ten baixado case imperceptiblemente o seu volume de traballo, con 1459 trámites en 2015 e 1461 en 2014, pero segue a ser o departamento con máis trámites administrativos, seguido de Secretaría (415 trámites) e Contratatación (97 contratos). Entre 2013 e 2015 o número de contratos rexistrados tense incrementado de 66 a 97. Por último, hai que mencionar que o documento máis tramitado no Rexistro de Entrada do Concello son as facturas, con 4.871; e no de Saída as licenzas, con 1371.

Compartir: