Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello prepara un amplo programa de...

CITAS ENTRE O LUNS 7 E O VENRES 11 DE MARZO

O Concello prepara un amplo programa de actividades con teatro, obradoiros ou inserción laboral arredor do Día da Muller

Luns 29 de febreiro do 2016

Elas tamén serán as protagonistas da xornada no Fórum Carballo, que acollerá a partir das 20.00 horas un encontro de mulleres no que compartirán un aperitivo e as súas experiencias laborais e de emprendemento. O número de prazas é limitado, e as interesadas poderán anotarse a partir do día 1, tamén a través das redes sociais do Fórum Carballo, do correo electrónico <forumcarballo@gmail.com> ou do número de teléfono 981 709 011. Xa o mércores 9 as actividades da mañá estarán dirixidas de novo ao alumnado de Secundaria, que asiste a unha charla sobre ciberacoso impartida polo garda civil José Ramón Couto. Pola tarde a actividade trasladarase ao Fórum Carballo, que acollerá a partir das 18.00 horas a presentación e entrega dos selos de calidade á hostalería local e unha sesión informativa sobre os recursos municipais para o emprego dirixida tanto a empresarios/as coma a traballadores/as ou persoas desempregadas. A asistencia será libre.

Taller de Danza Movemento TerapiaPara o xoves está programado un Taller de Danza Movemento Terapia, no que Laura Martínez Rey intentará crear un espazo libre no que dialogar entre mulleres a través do movemento, a imaxe e a palabra. O prazo de inscrición aínda está aberto, e dada a boa aceptación que está a recibir a iniciativa é probable que se desenvolva en dúas quendas, pola mañá e pola tarde, segundo informa a Concelleira Maica Ures. O obradoiro é de balde e as interesadas poden informarse no 981 700 688. Esa mesma xornada, a partir das 20.00 horas, terá lugar no auditorio do Fórum Carballo a celebración do Foro Voz "Xerar emprego dende o local", no que se darán a coñecer diferentes iniciativas e empresas de éxito. A semana da Muller en Carballo rematao venres 11 cun obradoiro da psicóloga do Centro de Información á Muller (CIM) con mulleres vítimas de violencia.

Compartir: