Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para o contrato de subministro de...

APROBADO TAMÉN O CONTRATO PARA A LIMPEZA DO CEMITERIO MUNICIPAL

Luz verde para o contrato de subministro de aparatos de musculación e outro equipamento para as salas fitness do Concello

Luns 29 de febreiro do 2016

A sesión tamén supuxo luz verde para a participación do Concello no Club de Debate 2016 no que Carballo participa con outros dez concellos galegos para incentivar e valorar o falar en público, a oratoria, o uso do galego oral ou o pensamento crítico. Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou as actividades do FormaCIP un ciclo formativo que se desenvolve nos meses previos á celebracion do festival de contidos dixitais Carballo InterPlay. Nesta edición o FormaCIP amplía a súa oferta tamén á xente miúda. Novas narrativas, marketing dixital, novas tecnoloxías, produción e financiamento audiovisual, dirección de actores, robótica para nenos e nenas, Lego Mindstorms, Arduino, paleta gráfica codeco ou emoticonos analóxicos son algúns dos coñecementos que adultos, estudantes, nenos e nenas poderán adquirir no ciclo formativo dende o vindeiro 12 de marzo ata a mesma fin de semana do Festival.

No apartado de subvencións, aprobouse una solicitude de subvención á Deputación da Coruña para Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo (UAD) para o ano 2016. Solicítase unha axuda de 20.000 euros para colaborar no mantemento do servizo. No apartado de convenios, recibiu luz verde un acordo entre o Concello de Carballo e o Concello de Arzúa para o reforzo do servizo da Policía Local durante a celebración da 41 edición da Festa do Queixo da localidade coruñesa. Por último, a sesión supuxo a aprobación de dúas licenzas de obra.

Compartir: