Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Unidade de Atención Temperá de Bergantiños, con...

O SERVIZO REALIZOU MÁIS DE 1.700 PRESTACIÓNS DE APOIO

A Unidade de Atención Temperá de Bergantiños, con sede en Carballo, atendeu a 85 familias da comarca en 2015

Mércores 2 de marzo do 2016

A Udiaf-Bergantiños forma parte, xunto coas do Salnés e Deza, dun proxecto dirixido pola Agat e subvencionado integramente pola Consellería de Política Social (antes Traballo e Benestar) da Xunta de Galicia. A súa actividade desde a súa posta en marcha en 2009 foi unha das referencias fundamentais para a elaboración do novo decreto polo que se crea a rede galega e o novo protocolo de coordinación, intervención e derivación entre as consellerías de Política Social, Educación e Sanidade. A Unidade de Bergantiños abriu as súas portas a finais de 2014.

Compartir: