Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unanimidade do pleno para a cesión de...

LUZ VERDE PARA A REURBANIZACIÓN DAS RÚAS PONTE E DESIDERIO VARELA

Unanimidade do pleno para a cesión de dependencias que permitirá crear unha oficina para tramitar a renovación do DNI

Martes 1 de marzo do 2016

O acordo inclúe así mesmo a aprobación do Plan Complementario, que recolle un proxecto para eliminar as barreiras arquitectónicas nos itinerarios peonís escolares do Pedibús, por un importe de 143.579,52 euros. Neste caso o acordo saíu adiante co apoio dos votos do grupo de goberno e do PSOE e coa abstención de PP e TEGA. Por unanimidade aprobouse en cambio a conta de recadación de 2015 que no período voluntario supuxo a recadación de arredor de 8,5 millóns de euros, con valores pendentes de cobro por valor duns dous millóns de euros. Segundo o informe, en xeral, as porcentaxes de eficiencia dos servizos de recadación do Concello son moi elevadas, con niveles superiores ao 90 por cento na maioría dos casos.

No apartado de mocións apoiouse por unanimidade unha presentada polo PSOE na que insta á Xunta de Galicia a que siga programando durante o ano 2016 un plan especial e específico, de xeito inmediato, que dea resposta á demanda de todos os/as alumnos/as que queiran acceder á formación precisa par obter o carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios de Nivel Básico; e que siga adaptando este plan ás necesidades e especificidades dos/as alumnos/as facilitando o máximo permitido o acceso a dita formación. Quedou sobre da mesa, en cambio, a proposta presentada por TEGA na que solicita a gravación íntegra dos plenos da corporación así como das mesas de contratación en formato vídeo e que se desenvolvan os mecanismos necesarios para retransmitilos en directo, a través do web municipal, con servizo de transcrición e videoactas dixitais. A corporación esperará a que os servizos técnicos e xurídicos municipais se pronuncien sobre a proposta.

Compartir: