Inicio Carballo ao día Hemeroteca O inForum 2016 céntrase na xeración de emprego...

DO 7 AO 10 DE MARZO NO FÓRUM CARBALLO

O inForum 2016 céntrase na xeración de emprego con citas dirixidas a demandantes de traballo, a empresas e ás mulleres

Xoves 3 de marzo do 2016

Respecto do programa das actividades máis polo miúdo, o luns 7 comezan as citas cunha intensa xornada de mañá e tarde no auditorio do Fórum. A mañá está dedicada dende as 9.00 horas a actividades para usuarios e usuarias da BDT (xa hai más de 60 inscritos) cun obradoiro práctico sobre como afrontar un proceso de selección para un posto de traballo. Ademais, haberá un segundo obradoiro no que participarán responsables de Recursos Humanos de empresas da zona, como Gadisa, o Balneario Baños Vellos ou a consultora Yo lo busco no que se afondará sobre a visión que teñen as empresas sobre o proceso de selección e as características que máis valoran nos candidatos. Mila Antelo subliña o carácter práctico das citas, orientadas a mellorar a forma en que os demandantes de emprego abordan as entrevistas. Pola tarde as xornadas están orientadas aos empresarios e empresarias a partir das 19.00 horas, especialmente a pequenas e medianas empresas. Abordarase a xestión de redes sociais na contorna das pemes e tamén a xestión de recursos humanos para que as pemes tamén teñan a oportunidade de mellorar os seus procesos de selección.

Encontro de mulleres emprendedorasO martes 8 de marzo é o Día da Muller, polo que as actividades estarán dedicadas integramente a elas. Haberá un encontro no Fórum a partir das 20.00 horas no que o obxectivo é crear un espazo para que que as asistentes compartan experiencias profesionais e para que coñezan iniciativas emprendedoras lideradas por mulleres. Poderán coñecer de primeira man a experiencia da creadora dunha empresa de software electrónico, dunha educadora, dunha psicóloga, dunha terapeuta ocupacional ou dunha usuaria da BDT que hoxe en día, e despois de realizar o curso de cociña do Fórum, leva o seu propio local de hostalería , ademais de dunha empresaa de elaboración e venda de dóces a través de Internet.

O mércores pola tarde, a partir das 19.00 horas, resérvase a sesións informativas sobre os recursos municipais para o emprego, a BDT, así como para a presentación da marca Carballo Compromiso Calidade. No acto farase entrega, ademais, das placas correspondentes aos establecementos que cumpren os requirimentos. E o xoves péchanse as xornadas coa celebración do Foro Voz: "Xerar emprego no local". A cita contará coa presenza de representantes de Conservas Calvo, de banca social, de cooperativas e da cidade industrial e tecnolóxica Valnalón, de Asturias. Esta última é unha iniciativa pioneira da que se pode aprender moito, tanto en educación emprendedora como en promoción do emprendemento. Unha iniciativa que, segundo subliña o Concelleiro Xosé Regueira, xa lle ten servido de inspiración ao Concello de Carballo.

O Alcalde rematou a presentación do WorkIN Carballo resaltando o "compromiso ineludible que o Concello ten que manter co emprego", a pesar da "limitada capacidade de xestión da administración local neste ámbito". Considera que o tempo tén demostrado a necesidade de ter creado un servizo como a BDT e espera que os veciños e veciñas aproveiten as xornadas.

Compartir: