Inicio Carballo ao día Hemeroteca Cheo na primeira xornada do InForum16 dedicada á...

MAÑÁ 8 DE MARZO O WORKIN CARBALLO CÉNTRASE NA MULLER

Cheo na primeira xornada do InForum16 dedicada á busca de emprego e ás claves dos procesos de selección das empresas

Luns 7 de marzo do 2016

De feito, o Alcalde tamén quixo transmitirlle os seus parabéns a todas as persoas implicadas na elaboración do programa, nomeadamente ao departamento de Emprego, por tratar de abordar todos os aspectos necesarios para mellorar as posibilidades dos demandantes de traballo. Así, hoxe luns pola tarde o programa segue con unha cita dirixida ás pequenas e medianas empresas. Abordarase a xestión de redes sociais e tamén a xestión de recursos humanos na contorna das pemes para que tamén teñan a oportunidade de mellorar os seus procesos de selección.

Día da Muller: 8 de marzoCon motivo do 8 de marzo, Día da Muller, as actividades estarán dedicadas integramente a elas. Haberá un encontro no Fórum a partir das 20.00 horas no que o obxectivo é crear un espazo para que que as asistentes compartan experiencias profesionais e para que coñezan iniciativas emprendedoras lideradas por mulleres. Poderán coñecer de primeira man a experiencia da creadora dunha empresa de software electrónico, dunha educadora, dunha psicóloga, dunha terapeuta ocupacional ou dunha usuaria da BDT que hoxe en día, e despois de realizar o curso de cociña do Fórum, leva o seu propio local de hostalería , ademais de dunha empresaa de elaboración e venda de dóces a través de Internet.

Selo de calidadeXa o mércores pola tarde, a partir das 19.00 horas, resérvase a sesións informativas sobre os recursos municipais para o emprego, a BDT, así como para a presentación da marca Carballo Compromiso Calidade. No acto farase entrega, ademais, das placas correspondentes aos establecementos que cumpren os requirimentos. E o xoves péchanse as xornadas coa celebración do Foro Voz: "Xerar emprego no local". A cita contará coa presenza de representantes de Conservas Calvo, de banca social, de cooperativas e da cidade industrial e tecnolóxica Valnalón, de Asturias. Esta última é unha iniciativa pioneira da que se pode aprender moito, tanto en educación emprendedora como en promoción do emprendemento.

Animádevos a participar e a continuar coa boa asistencia da primeira xornada. Todas as citas son de balde no Fórum Carballo.

Compartir: