Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo crea o seu propio selo de calidade...

NO FUTURO ESTÁ PREVISTO AMPLIAR O ÁMBITO AO SECTOR COMERCIAL

Carballo crea o seu propio selo de calidade turística para o sector da hostalería: Carballo Compromiso Calidade ou C3

Xoves 10 de marzo do 2016

Para poder obter o selo Carballo Compromiso Calidade, as 20 empresas acreditadas pasaron por un proceso de varias fases, no que recibiron visitas de clientes anónimos para poder recibir unha avaliación obxectiva do servizo, no que se crearon manuais de boas prácticas para todos os establecementos, ou no que se comprobou que cada un dos participantes cumpría os requirimentos de calidade necesarios para ser unha empresa C3. Moitos dos negocios melloraron tanto as súas instalacións e equipamentos como o servizo de atención ao cliente, a implicación co medio ambiente ou a información sobre os seus locais. Todos eles recibiron nun acto no Fórum de man do Alcalde, Evencio Ferrero; e do Concelleiro de Turismo, a nova placa que acredita a súa condición de empresa Carballo Compromiso Calidade. Outro dos obxectivos que se marca Carballo Compromiso Calidade é o de seguir evolucionando no futuro, para crear unha marca que perdure no tempo. Así, os establecementos poderán contar cunha promoción preferente das súas empresas no web de Turismo Carballo a través do logo distintivo.

Vantaxes de organización e xestión internaTamén constarán no próximo directorio integral de empresas e servizos do Concello de Carballo. do que poderán aproveitar os seus recursos e participar nas actividades de dinamización que se leven a cabo. E por último, tamén no web de Turismo Carballo, poderán contar cunha plataforma de acceso privado para traballar en rede, coñecer de primeira man as iniciativas e proxectos municipais, poñer en marcha proxectos e estratexias conxuntas e, en definitiva, axudar a fornecer o tecido hostaleiro de Carballo cunha ferramenta útil e con contidos. A listaxe de empresas participantes que xa ten o distintivo C3 é a seguinte.

Parabéns a todos e todas:

  • HOTEIS:
    • Hotel Balneario Carballo
    • Hotel Rural Mar de Queo
    • Hotel Punta del Este
  • TURISMO RURAL:
    • As Maroas Turismo Rural
    • Casa da Chavella Turismo Rural
    • Casa Entremuros Turismo Rural
    • Pazo do Souto
  • OCIO ACTIVO:
    • Art Surf Camp
    • Raz Surf Camp
  • RESTAURANTES:
    • A Cabaña
    • Cima
    • Oasis
    • Pementa Rosa
    • Río Sil
  • BARES / CAFETARÍAS:
    • Abastos
    • A Cova
    • Ágora
    • Cafetaría Pazo da Cultura
    • Cervexaría A Bombonera
    • Taberna O Mexillón

Compartir: