Inicio Carballo ao día Hemeroteca Nace ´Curruncho pop´ unha proposta...

ACTUARÁN NOMES COMO PIGMY, NACHO CASADO OU CHICHARRÓN

Nace ´Curruncho pop´ unha proposta para potenciar o auditorio da Biblioteca Rego da Balsa como sala de concertos

Sábado 12 de marzo do 2016

Curruncho pop

O  Concello de Carballo, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Marcos Trigo, pon en marcha "Curruncho pop", unha proposta para dar saída ao potencial do auditorio da Biblioteca Rego da Balsa como sala de concertos. Pigmy, o proxecto en solitario de Vicente Maciá (ex Carrots) protagoniza a primeira actuación. A Concellería de Cultura pretende aproveitar o enorme potencial do edificio como espazo de acollida de todo tipo de manifestacións culturais. Ao mesmo tempo, o Concello implícase na difusión de músicos e bandas emerxentes de dentro e fóra do noso concello. A representación local nesta primeira entrega do Curruncho Pop, que xorde coa intención de ter continuidade, correrá a cargo do cantautor Luis Rivera e do grupo Chicharrón, que actuarán o 28 de maio xunto ao ourensán Emilio José. Neste primeiro Curruncho Pop soarán en Carballo ilustres da música coma o vasco Rafael Berrio e emerxentes coma Nacho Casado, que poucos días despois de tocar en Carballo presentará o seu último disco na mítica Joy Eslava madrileña. Dadas as características da instalación, todos os concertos serán de pequeno formato, e en boa parte dos casos permitirán ao público gozar de versións máis acústicas e intimistas dos seus grupos e cantantes de referencia. A entrada a todos os concertos será de balde, pero, debido ás limitacións do aforo, será preciso reservar con anterioridade a través de ou no teléfono 981 758 580. Só se reservarán un máximo de catro pases por persoa.

Compartir: