Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde na Xunta de Goberno para os contratos...

APROBADA A CELEBRACIÓN DA CARREIRA DE ATLETISMO 10K CARBALLO

Luz verde na Xunta de Goberno para os contratos de limpeza viaria e subministro de calefacción por 2,7 millóns de euros

Luns 14 de marzo do 2016

No apartado de convenios aprobouse un acordo para que os concellos de Carballo, Coristanco, Malpica e Ponteceso establezan fórmulas de colaboración que permitan promover conxuntamente a prestación do servizo do Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo a mulleres das catro municipalidades. Os alcaldes dos catro concellos, Evencio Ferrero, Eduardo Parga, Amancio Lavandeira e Xosé Lois García Carballido teñen asinado xa o acordo. Máis información, aquí. Nos apartados de Cultura e Deporte tamén hai que mencionar a aprobación da celebración de dúas actividades. No primeiro caso (fóra da orde do día) do Curruncho Pop, unha proposta para dar saída ao potencial do auditorio da Biblioteca Rego da Balsa como sala de concertos e que contará, entre outros, coas actuacións de Pigmy, Chicharrón ou Nacho Casado; e no segundo coa autorización para celebrar o 19 de xuño de 2016 a sexta edición da carreira 10K Carballo como proba oficial da Federación Galega de Atletismo con distancia homologada". Sobre da mesa quedou a aprobación de dúas licenzas de obra.

Compartir: