Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo pechou o exercicio de 2015...

A DÉBEDA FINANCEIRA REDUCIRASE A CERO EN 2016

O Concello de Carballo pechou o exercicio de 2015 cun remanente para gastos xerais de 6,8 millóns de euros

Venres 18 de marzo do 2016

O Alcalde explica que, dadas as trabas que pon a normativa do Estado para emprender investimentos, podería darse o caso de que o Concello rematase o ano 2016 cun remanente superior aos dez millóns de euros, pero sen poder acceder a esa cantidade para emprender novos proxectos. En todo caso, Ferrero e Lendoiro quixeron subliñar a excelente situación financeira do Concello, que fixo que a administración local tomase a decisión, co respaldo dos servizos económicos municipais, de reducir a cero a débeda do Concello con entidades financeiras, nestes momentos de 840.000 euros. Saldaríase esta cantidade de tal forma que non restaría ningunha débeda pendente, tan só a do Plan de Aforro e Investimentos da Deputación da Coruña (PAI), que achega o seu importe a través da fórmula de empréstito para todos os concellos da provincia.

Segundo recoñecemento extraxudicialDurante a presentación da liquidación, Ferrero e Lendoiro tamén falaron dos asuntos que se abordarán na sesión plenaria ordinaria do mes de marzo. Adiántase o contido da sesión xa que debido ás vacacións de Semana Santa as comisións informativas deben celebrarse o luns 21 de marzo. Un dos puntos da orde do día tamén está relacionado con asuntos económicos, xa que se refire á aprobación do segundo recoñecemento extraxudicial de crédito do ano 2016, que ascende a 68.015,99 euros. As comisións tamén abordarán a concesión de compatibilidade para un profesor de guitarra do Conservatorio Profesional de Música para que poda impartir clase nunha academia.

Por último, no apartado de contratación, o pleno debe aprobar a exclusión dun licitador do proceso para contratar a xestión do servizo público do "Ciclo integral da auga do Concello de Carballo". Dada a contía do contrato, de 49.146.070,87 euros (IVE incluído) por un prazo de 20 anos (con cinco de prórroga previo acordo das partes), calquera decisión que afecte ao proceso debe de ser ratificada polo pleno. Neste caso, a mesa de contratación considera pertinente a exclusión dunha das UTEs (Unión Temporal de Empresas), por non ten acreditado a solvencia técnica suficiente. Por último, no apartado de mocións, o PSOE presenta unha proposta para paralizar o calendario de aplicación da LOMCE, a nova lei de educación.

Compartir: