Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local aproba solicitar...

LUZ VERDE PARA O PROGRAMA DE PRIMAVERA ENDANZA

A Xunta de Goberno Local aproba solicitar subvencións por 52.000 euros para limpeza de praias e sinalización turística

Luns 28 de marzo do 2016

Tamén no apartado de subvencións, pero neste caso nas concedidas polo Concello, a orde do día supuxo luz verde para unha destinada ao financiamento da Carreira de dous en dous, que terá lugar o sábado 9 de abril e que está organizada polo Club Atletismo Carballo. Por último, a Xunta de Goberno acordou a concesión dunha subvención de 1.200 euros á empresa Santiago Cotelo García no marco do proxecto Carballo Activa para o fomento do emprego autónomo. As axudas están condicionadas ao cumprimento das condicións do programa.

Xa fóra do apartado de subvencións, a Xunta de Goberno aprobou o programa de actividades de Primavera enDanza 2016, o ciclo estable de danza contemporánea máis lonxevo de Galicia, e tamén un dos poucos que poden localizarse no territorio. Mantén a vocación coa que naceu, a de achegar a danza contemporánea á veciñanza escollendo entre as mellores propostas de Galicia e foráneas para derrubar a concepción de que a danza é algo elitista e exclusivo. Toda a info sobre o programa, clicando aquí. No apartado de contratación, tomouse razón da transformación da sociedade civil arrendataria da cafetaría-restaurante do Pazo da Cultura na sociedade mercantil Pazo Cultura SL. Por último, autorizouse a creación de catro vaos permanentes e aprobouse unha licenza de obra.

Compartir: