Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Fórum Carballo acolle un Curso de...

ENTRE O 28 DE MARZO E O 13 DE ABRIL

O Fórum Carballo acolle un Curso de Reprogramación de Centralitas organizado pola Asociación de reparación de vehículos Atreve

Mércores 16 de marzo do 2016

Curso de Reprogramación de Centralitas

A Asociación de Empresarios del Taller de Reparación de Vehículos de A Coruña (Atreve) organiza un curso de "Reprogramación de centralitas" que se impartirá no municipio de Carballo os días 29, 30 e 31 de marzo e o 4 de abril. A entidade conta coa colaboración do Concello de Carballo, que cede un aula no Fórum Carballo para a realización da actividade formativa. Esta acción formativa da asociación provincial terá unha duración de oito horas lectivas e impartirase a última hora da tarde, para facilitar a asistencia aos empresarios e traballadores do taller. A matrícula xestionarase a través da Fundación Tripartita, de maneira que as empresas obterán o reintegro do custo da matrícula dos seus traballadores posteriormente, vía desconto nas cotas sociais

Os interesados en participar poden enviar un correo electrónico a Atreve secretaria@atreve.es ou ben cubrir o formulario de contacto da páxina web da entidade www.atreve.es indicando cantas persoas estarían interesadas en participar e os seus datos. Atreve (Asociación de Empresarios del Taller de Reparación de Vehículos de A Coruña) é unha entidade xurdida en marzo de 2015 cuxo obxectivo é fomentar o asociacionismo no sector e ofrecer servizos que contribuian a mellorar a súa competitividade. A asociación conta nestes momentos, e pese á súa recente constitución, cuns 170 talleres asociados.

Compartir: