Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 21 establecementos do casco urbano...

A CITA COMEZA A FINAIS DE MAIO

Un total de 21 establecementos do casco urbano carballés participarán na nova edición de Carballo por Etapas

Sábado 2 de abril do 2016

Un total de 21 establecementos do casco urbano carballés participarán na nova edición de Carballo por Etapas

Un total de 21 locais de hostalería do casco urbano participarán este ano en Carballo por Etapas, a cita gastronómica que cada ano ofrece o mellor da cociña carballesa en forma de deliciosas tapas. Os establecementos que decidiron subir este ano ao tren da popular ruta son A Barra Bar, A Cervecería de Luis, Cafés A Cafeteira, Cafetería Abastos, Café Bar Embajador, Café Bar Ginebra, Cafetería Habanos 79, Cafetería Xorima, Cervecería Ágora, Cervecería Beos, Cervecería Dublín, Cervecería La Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante-Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Tapería Aturuxo e Trattoria Pizzería Vesuvio. A maioría repiten, pero tamén hai algunhas incorporacións. A ruta, organizada pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Carballo e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), celebrarase os días 27, 28 e 29 de maio, e 3, 4 e 5 de xuño. O esquema será similar ao das edicións anteriores. Os locais participantes elaborarán tapas específicas para o evento que servirán os venres de 20.00 a 22.00 horas e os sábados e domingos en horario de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas. O prezo da tapa será de 1,50 €, e con cada unha entregarase un rasca co que poden conseguirse numerosos premios directos. Carballo por Etapas manten os seus distintivos, como o tren turístico, que fará a ruta polos locais participantes, ou os sorteos de tapas, gorras, camisetas e outro material promocional.

Compartir: