Inicio Carballo ao día Hemeroteca Primavera enDanza continúa coa proposta de música...

VENRES 7 DE MARZO ÁS 21.00 HORAS NO PAZO DA CULTURA

Primavera enDanza continúa coa proposta de música en directo, circo e acrobacias da compañía galega Airenoar

Venres 8 de abril do 2016

Primavera enDanza

A programación de Primavera enDanza continúa o venres 7 de abril con dúas actividades de promoción e divulgación da danza contemporánea a cargo da compañía galega Airenoar. As citas comezan coas actividades paralelas, neste caso coa presentación de espectáculos fóra do corsé do auditorio, para que a xente experimente a danza dende moi preto. Así, Airenoar realizará unha intervención na rúa ás 13.00 horas no Xardín Municipal. Xa pola noite, ás 21.00 horas, o auditorio do Pazo da Cultura acollerá a posta en escena de "Airenoar", a primeira proposta deste grupo que acaba de nacer e que leva o seu mesmo nome. O espectáculo une disciplinas artísticas como o novo circo, acrobacia aérea con corda lisa, a voz e música en directo. Arredor dun fío cóntase unha historia de encontros e desencontros entre dúas persoas, que levará ao espectador ata unha proposta artística sorprendente e incrible. Hai que mencionar que esta proposta está dirixida por Rut Balbís, unha asidua nos últimos anos do programa Primavera enDanza. "Airenoar" conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia. A venda de entradas realizarase na billeteira do Pazo da Cultura, hora e media antes do inicio da actuación. A reserva, poderá efectuarse no teléfono 981 704 300 ou na Concellaría de Cultura en horario de 11.00 a 14.00 horas. Límite: 4 entradas por persoa. Descontos: aplicaranse prezos reducidos a determinados colectivos: estudantes con carné de estudante, maiores de 65 anos e menores de 12 anos. A duración prevista do espectáculo é de 50 minutos.

Compartir: