Inicio Carballo ao día Hemeroteca O venres 15 de abril abre o prazo para anotarse...

O ÚLTIMO DÍA DE INSCRICIÓN É O 6 DE MAIO

O venres 15 de abril abre o prazo para anotarse no IV Día do Pequebasket: non o deixedes para o último día!

Xoves 14 de abril do 2016

Día do Pequebasket

Unha imaxe do Día do Pequebasket de 2015

O venres día 15 de Abril, ábrese o prazo de inscrición para a cuarta edición do Día do Pequebasket. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do Día do Pequebasket avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

prazo de inscrición remata o día 6 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da Federación Galega de Baloncesto, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com e a ficha de inscrición ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está na páxina web: www.diapequebasket.es

Haberá novidades nas actividades

Nesta cuarta edición, que supón todo un grande esforzo a nivel organizativo e un novo reto, haberá novidades respecto ás actividades lúdicas, nas que estamos a traballar para a diversión dos participantes e de todo o público en xeral que desexa pasar un dia distinto con nós. A Escola Basket Xiria agradece a implicación do Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, así coma de todos os patrocinadores do Club e dos colaboradores pola boa acollida que dispensan ao Día do Pequebasket.

Ligazóns

Compartir: