Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinado o contrato de Subministro para o...

MÁIS DE 30.000€ PARA ARRANXAR DESPERFECTOS

Asinado o contrato de Subministro para o reacondicionamento das instalacións da Biblioteca Municipal Rego da Balsa

Martes 19 de abril do 2016

Acto de sinatura

O Alcalde, Evencio Ferrero, co responsable da empresa adxudicataria durante a sinatura

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, xunto cun representante da empresa adxudicataria, vén de asinar na Casa do Concello o contrato de "Subministro de reacondicionamento de instalacións da Biblioteca Municipal Rego da Balsa". A través desta actuación poderanse realizar as reparacións dos desperfectos rexistrados na biblioteca o pasado mes de outubro a raíz dunhas inundacións no soto das instalacións. A empresa que se fará cargo do subministro é IDM Pereira SL, cun prezo de adxudicación de 30.855 euros e o prazo de entrega do material será de 42 días naturais a contar a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato administrativo. O prazo de garantía, segundo a oferta do contratista, será de 36 meses dende o día seguinte ao da sinatura da acta de recepción do subministro.


Apertura do segundo andar

Unha vez rematados os traballos de mellora, está previsto que o Concello ultime os trámites para abrir ao público o segundo andar da biblioteca, un espazo que será dotado co mobiliario e o persoal necesario para que poda esar aberto e a disposición do cada vez máis numeroso público que asiste de cotío ás instalacións. Nestes momentos ese espazo está reservado para a celebración de obradoiros e outras actividades puntuais da biblioteca.

Compartir: