Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello emprende unha campaña nas...

A INICIATIVA COMEZA O MÉRCORES 20 DE ABRIL

O Concello emprende unha campaña nas parroquias para concienciar sobre seguridade viaria coa celebración dunha serie de charlas

Martes 19 de abril do 2016

Unha das charlas celebrada na parroquia de Sofán

Unha das charlas celebrada na parroquia de Sofán

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Seguridade que dirixe Milagros Lantes e coa colaboración da Policía Local, inicia o mércores 20 de abril unha campaña para concienciar sobre seguridade viaria nas parroquias do municipio. Esta iniciativa está dirixida especialmente aos peóns que de cotío se desprazan polas vías, pistas e estradas do medio rural do municipio. Dous axentes da Policía Local se desprazarán durante ás próximas semanas a distintos puntos do concello para informar aos veciños e veciñas das medidas de seguridade que deben ter en conta.

Primeira charla: no local social de Cances o mércores 20 de abril a partir das 17.30 horas

Algunhas delas refírense ás saídas de noite, sempre con chaleco reflectante e unha lámpada, camiñando pola esquerda co tráfico de fronte e en fila se se vai en grupo. Outros consellos recomendan cruzar polos pasos de peóns sempre que sexa posible e nunca cruzar nunha curva nin preto dela ou en zonas onde non se poida ver ben se vén un vehículo. Así, por moi solitario que sexa o camiño hai que buscar un sitio con visibilidade. Estas e outras claves que axudan a preservar a seguridade serán as que escoitarán quen se despracen ás charlas nas próximas semanas.

A primeira delas terá lugar o mércores 20 de abril no local social de Cances a partir das 17.30 horas.

Compartir: