Inicio Carballo ao día Hemeroteca A programación de Primavera enDanza remata...

VENRES 22 DE ABRIL ÁS 21.00 HORAS NO PAZO DA CULTURA

A programación de Primavera enDanza remata coa viaxe amorosa e humorística de "Pollen Paradise" da Cía Mar Gómez

Mércores 20 de abril do 2016

A programación de Primavera enDanza chega á súa fin o venres 22 de abril cun espectáculo de danza contemporánea e cun encontro co público ao final do espectáculo incluído nas actividades complementarias realizadas ao longo do festival. A compañía catalana Mar Gómez presenta Pollen Paradise, un espectáculo con magníficas coreografías onde gozaremos de dúas historias de amor independentes que evocan a idea do paraíso, unha viaxe humorística e poética cara os imperfectos lugares que creamos as persoas por amor e desexo.

É un privilexio para o festival de Primavera enDanza que sexa a compañía Mar Gómez a que peche esta programación. Esta formación leva máis de 20 anos de traxectoria profesional cunha liña de traballo moi persoal, na que o teatro, a danza, o uso do sentido do humor, o xesto e un traballo coreográfico excepcional fan desta compañía unha das máis importantes na danza contemporánea.

Esta última función de danza comeza ás 21.00 hroas no auditorio do Pazo da Cultura, cun prezo ordinario de 4€ e prezo de reducido 3€, e conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Xunta de Galicia.

Ligazóns

Compartir: