Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Biblioteca Rego da Balsa organiza unha xornada...

VENRES 22 DE ABRIL A PARTIR DAS 11.30 HORAS

A Biblioteca Rego da Balsa organiza unha xornada de teatro lido para conmemorar o Día do Libro

Mércores 20 de abril do 2016

Día do Libro

Con motivo do Día do Libro, a Biblioteca Rego da Balsa organiza nas súas instalacións unha xornadade teatro lido, coa colaboración dos centros de ensinanza IES Parga Pondal, IES Alfredo Brañas e CPR Artai. A actividade terá lugar o venres 22 de abril ás 11.30 horas no auditorio da biblioteca. O alumnado dos centros mencionados porá en escena a Farsa de Bululú, obra pertecente a Manuel María, referente da literatura galega homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Esta é unha actividade cerrada pola limitación de prazas do auditorio, que están reservadas ao alumnado dos centros de ensinanza participantes.

A Farsa de Bulubú

A Farsa de Bululú é unha obra escrita por Manuel María en plena ditadura franquista. Nela, descrebe o reinado do rei Bululú, que leva unha grande cachiporra, semellante á do rei de bastos, e que entra no salón seguido do Ministro de Facenda, o Médico Real e do Gran Canciller. Cando senta no trono ordena o xantar: poñeremos caldo de verzas con ben unto e moitas fabas, chourizos con cachelos, callos ben picantes con abundancia de prebe, razo asado, figo encebolado. Viño do Ribeiro, branco e tinto. Hoxe deixamos o postre que estou desganado.

Escrita entre 1969 e 1970, esta peza, baixo o título O meu mundo non é deste reino, obtivo en 1973 o primeiro premio do Concurso Teatral Abrente de Ribadavia. Foi estreada en 1979 en Perlío co título Farsa de Bululú polo Grupo Teatral Tagallo de Perlío-Fene e publicada en 1992 polo xornal El Correo Gallego dentro da súa Biblioteca 114.

Compartir: