Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xa hai 34 clubs inscritos para participar no IV...

Xa hai 34 clubs inscritos para participar no IV Día do Pequebasket o Día das Letras: o prazo continúa aberto até o 6 de maio

O TOPE DE CLUBS ESTÁ MARCADO EN 49

Venres 22 de abril do 2016

Pequebasket

Fernando Romay é o padriño de honra do Día do Pequebasket

A día de hoxe, venres 22 de abril, xa hai 34 equipos inscritos para participar no 4º Día do Pequebasket, o que indica que este ano voltaremos a bater un novo récord e chegar aos 49 equipos inscritos. A Escola Basket Xiria espera reunir o 17 de maio en Carballo a preto de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do Día do Pequebasket avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o día 6 de Maio e as solicitudes poden tramitarse a través da Federación Galega de Baloncesto (<galicia2018@fegaba.com>), tendo toda a información na web: <www.diapequebasket.es>. Tamén a nivel turística e hostalaría, os participantes poden solicitar dita información a través da web de turismo do Concello de Carballo (www.turismocarballo.com) e na propia oficina turística, no teléfono: 981 702 077 e correo electrónico: <museo@carballo.org>.

O xoves día 6 de Maio, cando remate do prazo de inscrición, farase a Presentación Oficial do 4º Dia do Pequebasket nun coñecido e antigo local asociativo de Carballo, que desvelaremos cando se achegue a data. Contaremos coa presenza das Autoridades Locais e Provinciais (Deputación da Coruña), ademais da Federación Galega de Baloncesto. Ese día daranse a coñecer os pormenores e novas actividades do 4º Dia do Pequebasket. Estade atentos!

Compartir: