Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello retira do Xardín Municipal un...

SERÁ SUBSTITUÍDO POR OUTRA ÁRBORE NO FUTURO

O Concello retira do Xardín Municipal un ciprés que está certificado como morto por motivos de seguridade

Luns 25 de abril do 2016

Ciprés morto

O ciprés está situado a carón ca Cafetaría Sinagoga e do parque de xogos

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Obras e Servizos que dirixe Luís Lamas, informa de que o martes 26 de abril procederase a retirar un ciprés do Xardín Municipal (o situado fronte á Cafetaría Sinagoga e a carón do parque de xogos infantís) por motivos de seguridade. Despois de ser avaliado por un experto a petición da administración local, o técnico reflicte que a árbore está morta e que pode supoñer un risco para os veciños e veciñas polo perigo que hai de que caia ou sexa derrubado polo vento, tal e como sucedeu con outro ciprés centenario do Xardín o pasado inverno. Aínda que naquel caso non houbo que lamentar ningún dano persoal ou material, a prudencia recomenda a eliminación destoutra árbore para evitar que se produza un suceso similar. O Concelleiro de Obras informa de que o ciprés será reemplazado no futuro por outra árbore -aínda está por determinar de que clase- que ocupará o seu lugar no Xardín.

Os traballos realizaranse o martes 26 de abril a partir das 9.00 horas e contarán coa supervisión dos Bombeiros e Protección Civil

Está previsto que os traballos se realicen o martes a partir de primeira hora da mañá (comezando entre as 9.00 e as 9.30 horas). Luís Lamas informa de que estará cortado ao tráfico un treito da rúa Desiderio Varela, que contará coa correspondente sinalización e valado. Tamén estará prohibido o paso nunha ampla zona do Xardín Municipal como medida de seguridade. Os traballos serán realizados pola Brigada de Obras que contará co apoio dos Bombeiros, de Protección Civil e da Policía Local.

Novas relacionadas

Compartir: