Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinado un convenio que permitirá que o...

COLOCARASE UN NOVO PAVIMENTO NAS INSTALACIÓNS

Asinado un convenio que permitirá que o Concello use o pavillón polideportivo do IES Monte Neme en horario non lectivo

Venres 29 de abril do 2016

Sinatura convenio pavillón IES Monte Neme

Acto de sinatura na Alcaldía

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o director do IES Monte Neme, Javier Pérez Couto, veñen de asinar na Casa do Concello un convenio de colaboración que permitirá o Concello use as instalacións do Pavillón do centro en horario non lectivo. Poderá empregarse para o desenvolvemento de actividades deportivas, adestramentos de clubs deportivos, etc., por un período de catro anos. Os horarios de uso serán de luns a venres de 17.30 a 22.30 horas e os sábados pola mañá e pola tarde, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

O convenio tamén recolle a mellora das instalacións do pavillón coa colocación cun pavimento deportivo que permitirá mellorar a práctica do deporte e o desenvolvemento das actividades durante o tempo de vixencia do acordo.

Compartir: