Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xa está pechada a inscrición no IV...

O PECHE ADIANTOUSE UNHA SEMANA POLA GRAN DEMANDA

Xa está pechada a inscrición no IV Día do Pequebasket ao completarse a participación con 60 equipos e máis de 700 nenos e nenas

Luns 2 de maio do 2016

Día do Pequebasket

Terceira edición do Día do Pequebasket

A organización do IV Día do Pequebasket decidiu, de acordo coa Federación Galega de Baloncesto, pechar o venres 29 de maio o prazo de inscrición desta edición, dado o número de equipos interesados e así non deixar a ningunha das solicitudes fora da actividade. Os 60 equipos que participarán no 4º Dia do Pequebasket eleva o número de nenos e nenas implicados a máis de 700, cun novo record de afluencia. Dos 49 equipos que inicialmente se marcaron como límite para asistir, e dadas as solicitudes da última semana, decidiuse elevar ata 60 a participación e pechar esta edición, que unha vez máis supera as expectativas da Escola Basket Xiria e dos outros organizadores: o Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto.

Cada vez máis equipos non queren perder este día de xogos, diversión e deporte en Carballo. A presentación oficial do IV Día do Pequebasket terá lugar o xoves 5 de maio ás 19.00 horas no Casino de Carballo. Agardámosvos!

Compartir: