Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo, capital do fútbol cun congreso...

O PRESIDENTE DO DÉPOR APADRIÑA AS XORNADAS

Carballo, capital do fútbol cun congreso ao que virán expertos con experiencia en equipos como o Madrid, o Barça ou o Atlético de Madrid

Martes 10 de maio do 2016

I Congreso de Fútbol Concello de Carballo

Presentación do congreso no Fórum Carballo con Tino Fernández no centro da mesa

Carballo convertirase na capital do fútbol español e galego a primeira fin de semana de xuño. Primeiras espadas do deporte rei estarán no I Congreso de Fútbol Concello de Carballo, unha cita que nace con vocación de continuidade e que persegue a formación e reciclaxe dos adestradores de toda Galicia. De feito, técnicos como Sergio Barjuan -ex adestrador dos xuvenís do FC Barcelona- ou José Francisco Molina -ex adestrador do Villareal-, ademais de nomes como Lluis Llopis -adestrador de porteiros do Real Madrid-, ou Francisco Sánchez- analista táctico do Atlético de Madrid, entre outros moitos, achegarán á Costa da Morte coñecementos do primeiro nivel os días 3, 4 e 5 de xuño de 2016. O Congreso, para o que xa está aberto o prazo de inscrición, recibirá no Pazo da Cultura a 200 adestradores de toda Galicia, que poderán tomar nota de todas as disciplinas que abranguen a dirección técnica.

Tino Fernández espera que esta cita sexa unha oportunidade para que Carballo pase a ser un referente neste tivo de eventos deportivos

A cita está apadriñada polo Presidente do Deportivo da Coruña, Tino Fernández, que quixo estar na rolda de prensa na que se presentaron as actividades do congreso. Manifestou que é "unha alegría" e "unha honra" ser o padriño dunha cita coma esta porque a formación é moi importante para o fútbol. Subliñou o "vínculo do Depor con Carballo e a Costa da Morte" e espera que con este xesto devolva un pouco do "agarimo" que a comarca sempre lle amosa ao club. Transmitiulle os seus parabéns á organización polo "alto nivel" e desexou que as xornadas "sexan un beneficio para Carballo e que o municipio "se convirta nunha referencia para este tipo de eventos". Por último, quixo transmitirlle os seus parabéns a Carballo "por apostar polo deporte" e tamén a Luciano Calvo, que co seu patrocinio "fai posible que se produzan algúns milagres deportivos".

O Alcalde, Evencio Ferrero, quixo agradecer as verbas de Tino Fernández, pero tamén manifestou que a quen hai que agradecer o progreso deportivo de Carballlo "e a todas as directivas de todas as entidades deportivas de Carballo sen excepción". Manifestou o seu agradecemento porque se "pensara en Carballo para acoller este evento" e aproveitou para felicitar ao Deportivo por quedar un ano máis en Primeira División. Ferrero e Fernández foron dous dos valedores da cita nunha presentación na que tamén estiveron Manuel Varela, como representante da organización; María Vila, Xerente de Fútbol Táctico; Manuel Fernández, Presidente do Comité Galego de Adestradores; Juan Luís Villamisar, Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol; e José García Liñares, Deputado Provincial de Deportes.

Programa de actividades

I Congreso de Fútbol Concello de Carballo

O programa do VENRES 3 DE XUÑO é o seguinte:

  • 19.30 h. Amalia RevueltaPsicóloga Deportiva especialista en fútbol. Competir con Cerebro. Intelixencia-Habilidade-Coñecemento.
  • 20.45 h. Sergi Barjuan. Adestrador Nacional de Fútbol RFEF. Ex adestrador do FC Barcelona Xuvenil, Recreativo de Huelva, AD Almería. A metodoloxía do ataque en fútbol.
O programa do SÁBADO 4 DE XUÑO é o seguinte:

  • 10.00 h. Raúl Ruíz. Adestrador Nacional de Fútbol RFEF. 2º Adestrador do Dinamo Kiev (Ucrania). Desenvolvemento e cambios na planificación de traballo do Dinamo Kiev.
  • 11.45 h. Víctor ParedesPreparador Físico Rayo Vallecano. Proposta teórico-práctica de Preparación Física en campo como método preventivo de lesións.
  • 13.00 h. José Francisco Molina. Adestrador de Fútbol RFEF. Ex entrenador KITCHEE SC (Hong Kong) Villarreal CF (España). Transición Ataque-Defensa. Presión tras pérdida, Reorganización.
  • 16.30 h. Albert Roca. Ex Seleccionador Nacional de El Salvador. Fútbol Contextualizado. Experiencias na Selección Nacional de El Salvador.
  • 17:45 h. Juanjo Vila. Adestrador UEFA PRO e Director de Fútbol Táctico. Factores determinantes da defensa en futbol. Orientación defensiva, Defensa de parede e Vixilancias defensivas ofensivas.
  • 19:15 h. Luis Llopis Portugal. Adestrador Nacional de Fútbol RFEF. Adrestrador de porteiros do Real Madrid C.F. Evolución no xogo dende a perspectiva colectiva do porteiro.
  • 20:30 h. Paulo Jorge dos Santos Noga. Coordinador Executivo de Formación do FC Oporto. O entrenamento en proceso de formación.
O programa do DOMINGO 5 DE XUÑO é o seguinte: 

  • 10.00 h. Francisco Sánchez. Adestrador de Fútbol RFEF e Analista táctico no Atlético de Madrid.  Análisis táctico en futbol. Que esconde o teu  rival?
  • 11.45 h. Antonio Cortes Ines. Director Deportivo da Academia de Fútbol de Angola (AFA). Estratexias de adestramento táctico de futbol 7 con futbolistas africanos.
  • 13.00 h. Carlos Inarejos. Adestrador Nacional Fútbol RFEF - Autor dos libros: O adestramento en especificidade e Periodización Táctica: da visión da realidade cara unha visión prácticaCómo aplicar a Periodización Táctica na práctica?



Todas as citas terán lugar no Pazo da Cultura. Máis información e inscricións xunto co acceso ao formulario de rexistro, máis abaixo nesta mesma nova na ligazón ao web de Fútbol Táctico.

Ligazóns

Compartir: