Inicio Carballo ao día Hemeroteca Fernando Romay volve ao Día do Pequebasket...

NON FALTEDES Á CITA CO BALONCESTO DO 17 DE MAIO

Fernando Romay volve ao Día do Pequebasket que este ano ademais recolle leite solidario para a Obra Social La Caixa

Luns 16 de maio do 2016

Fernando Romay

Fernando Romay no Día do Pequebasket 2015

Fernando Romay, será un ano máis o padriño do Pequebasket, un evento deportivo orientado a nenos de 5 a 8 anos en Carballo, que este ano contará con cerca de 700 participantes federados en 60 equipos participantes de toda Galicia, máis os nenos e nenas non federados que poderán asistir de maneira gratuita a este gran evento infantil. Nesta edición superáronse todos os récords de asistencia, co peche anticipado das inscricións debido á elevada demanda. Ademais, como novidade, este farase unha recollida de Leite para a campaña "Ningún niño sin bigote!" en colaboración coa Obra Social La Caixa.

Agárdase a asistencia de 5.000 persoas

Durante a xornada realizarase unha recollida solidaria de leite para axudar a familias que o necesitan e que carecen de alimentos básicos

Como sabedes, en España todavía hai miles de familias que non poden cubrir as necesidades máis elementales, como pode ser unha alimentación axeitada para os seus fillos e fillas, polo que se está a traballar para facer chegar un alimento tan básico como o leite. Para que ningún neno quede sen bigote, necesitamos a colaboración de toda a sociedade, e dende a Escola Basket Xiria e dende o Concello no día do Pequebasket, no que se espera a asistencia de máis de 5.000 persoas, farase unha recollida solidaria de leite entre todas aquelas persoas que se acheguen ata a Zona Bergantiños.

Dende as Escolas Basket Xiria, que organiza a cita coa colaboración do Concello. tamén queren das as grazas aos máis de 100 voluntarios e voluntarias que participan neste evento de difusión do deporte e valores na capital de Bergantiños, que durante un día se converte na capital autonómica do baloncesto en idades temperás.

Podedes descargar todos os horarios coas actividades do Pequebasket e os encontros máis abaixo nesta mesma nova.

Ligazóns



Galería

Compartir: