Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello sortea mil euros en vales de compra na...

PÓDENSE CONSEGUIR ATA 250 EUROS DE DESCONTO NUN ÚNICO VALE

O Concello sortea mil euros en vales de compra na campaña promocional “Quere o teu mercado”

Martes 24 de maio do 2016

Mercado de Carballo

Mercado de Carballo

Comprar no Mercado de Carballo ten premio. Até o sábado 28 de maio, dentro do programa “Quere o teu mercado”, as persoas que compren na praza de abastos recibirán un boleto por cada 5 € de compra para participar no sorteo de 11 vales desconto por valor de 1 vale de 250 €, 5 vales de 100 € cada un e 5 vales por valor de 50 € cada un.

O obxectivo da campaña é o fomento do consumo local e facilitar a compra de produtos frescos garantía de calidade

O Concello de Carballo, dentro do programa “Quere o teu mercado”, promovido pola Xunta de Galicia, organiza un sorteo de vales de compra co obxecto de poñer en valor o papel dinamizador e revitalizador que teñen os mercados dentro dos centros urbanos. Trátase de fomentar o consumo local no mercado municipal, un mercado que facilita a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos. Mercar neste tipo de mercado é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada.

Sorteo o 28 de maio ás 13.00 horas

Desde o mercado de proximidade foméntase o consumo de produtos galegos, ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas que require unha dieta equilibrada e saudable. O sorteo terá lugar o vindeiro sábado 28 de maio, Día dos mercados, ás 13.00 h. no Mercado Municipal, no que se escollerán os boletos premiados así como os postos do Mercado nos que disfrutar dos vales. Ademais toda esta semana os clientes do Mercado recibirán outros agasallos da campaña coas súas compras.

Compartir: