Inicio Carballo ao día Hemeroteca O IES Monte Neme acolle unha xornada para a...

COLABORAN A GARDA CIVIL, POLICÍA LOCAL, PROTECCIÓN CIVIL E BOMBEIROS

O IES Monte Neme acolle unha xornada para a convivencia e para a mellora da seguridade na contorna dos centros educativos

Mércores 25 de maio do 2016

Plan Director

Cartaz do Plan Director

O IES Monte Neme da capital municipal acolle unha xornada pra a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna no marco do Plan Director. A explanada do centro estará ocupado polos equipos de emerxencias da Garda Civil, a Policía Loca, Protección Civil e o equipo de Bombeiros para que o alumnado poda velos de primeira man. Ademais, os rapaces e rapazas asisitirán a unha serie de obradoiros a partir das 10.00 horas.

Así, a Policía Local encargarase de impartir un taller sobre seguridade viaria no salón de actos para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Ademais, os bombeiros impartirán un obradoiro sobre mergullo de fume para alumnado de 1º e 2º de ESO. No Pavillón de Deportes Protección Civil encargarase de falar sobre Primeiros Auxilios (RCP) para alumnado de 3º e 4º e eso. E a Garda Civil encargarase de supervisar a exposición dos vehículos de emerxencias, que poderán ver os rapaces e rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

Está previsto que a xornada dure até as 12.00 horas

Compartir: