Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 1.000 persoas de 67 concellos...

O PRAZO SEGUE ABERTO ATÉ O 15 DE XUÑO

Máis de 1.000 persoas de 67 concellos galegos e un asturiano están xa inscritas na carreira 10K Carballo

Martes 31 de maio do 2016

10K Carballo

Cartaz da carreira

Faltan 19 días para a carreira 10K Carballo e xa son máis de mil as persoas anotadas para a carreira popular organizada polo Concello. A Coruña e Carballo son os concellos coa participación máis elevada, pero na relación de inscricións figuran deportistas de 67 municipios galegos e un asturiano. O 77 por cento son homes e o 23 por cento, mulleres. Todo indica que se esgotarán as 1.200 prazas habilitadas para a categoría absoluta, xa que a día de hoxe quedan menos de 250 dispoñibles, polo que as persoas interesadas en participar deben formalizar a súa inscrición o antes posible. O prazo está aberto ata o día 15 en <www.championchipnorte.com>.

Circuíto urbano de 10.000 metros

A 10K Carballo gaña cada ano en participación, público e resultados. A carreira está organizada polo Concello de Carballo, a través de Carballo Deporte, coa colaboración da Deputación Provincial e a Federación Galega de Atletismo. É unha carreira oficial da Federación Galega de Atletismo, que ademais está incluída no IV Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e que se disputa por un circuíto homologado de 10.000 metros totalmente urbano, aínda que as distancias varían en función das 17 categorías establecidas.

A proba, incluída no Circuíto de carreiras da Deputación, disputarase o domingo 19 de xuño e conta cun total de 17 categorías

A proba disputarase o domingo 19. Tanto o día anterior, de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, como o mesmo día ata 30 minutos antes do inicio da proba, poderán retirarse os dorsais na planta alta do Mercado Municipal de Carballo. Os e as participantes disporán de servizos de gardarroupa e duchas. As persoas que precisen máis información poden dirixirse ás oficinas de Carballo Deporte, na rúa Vila de Corcubión (tfno. 981 702 109).

As formas e lugares de inscrición son:    



Galería

Compartir: