Inicio Carballo ao día Hemeroteca O I Congreso de Fútbol Concello de...

AÍNDA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

O I Congreso de Fútbol Concello de Carballo reúne durante tres días aos mellores técnicos do fútbol español

Martes 31 de maio do 2016

I Congreso de Fútbol Concello de Carballo

A cita durará tres xornadas

O Pazo da Cultura acolle entre o venres 3 e o domingo 5 de xuño o I Congreso de Fútbol Concello de Carballo. Serán tres días de relatorios con expertos de toda España repasando todas as disciplinas deste deporte cos profesionais máis cualificados. A cita abre as súas portas o venres 3 ás 19.00 horas e continúa con ata doce sesións até o domingo ás 14.00 horas. Nomes como o de Sergio Barjuan -ex adestrador dos xuvenís do FC Barcelona- ou José Francisco Molina -ex adestrador do Villareal-, ademais de Francisco Sánchez -analista táctico do Atlético de Madrid-, entre outros moitos, achegarán á Costa da Morte coñecementos do primeiro nivel.

Está prevista a presenza no acto de inauguración de Vicente Miera, ex seleccionador nacional de fútbol e campión olímpico

Será un auténtico maratón de coñecementos deportivos. Tamén temos que informar dunha novidade respecto dos relatores do programa, xa que a ausencia de ultima hora de Luís Llopis será cuberta por Manu Sotelo, adestrador de porteiros do Real Club Deportivo da Coruña.

Está previsto que durante o acto de inauguración, que se celebrará o venres 3 de xuño  ás 19.00 horas no Pazo da Cultura de Carballo, estean presentes personalidades de todo o fútbol español, como Vicente Miera, ex seleccionador nacional e campión olímpico, como representante do Comité de Adestradores RFEF.

Programa

Polo demais, xa está todo listo para que comece a rodar o balón, alomenos metafóricamente, no Pazo da Cultura. Aquí vos deixamos o programa completo:

VENRES 3 DE XUÑO:

  • 19.30 h. Amalia RevueltaPsicóloga Deportiva especialista en fútbol. Competir con Cerebro. Intelixencia-Habilidade-Coñecemento.
  • 20.45 h. Sergi Barjuan. Adestrador Nacional de Fútbol RFEF. Ex adestrador do FC Barcelona Xuvenil, Recreativo de Huelva, AD Almería. A metodoloxía do ataque en fútbol.
SÁBADO 4 DE XUÑO:
  • 10.00 h. Raúl Ruíz. Adestrador Nacional de Fútbol RFEF. 2º Adestrador do Dinamo Kiev (Ucrania). Desenvolvemento e cambios na planificación de traballo do Dinamo Kiev.
  • 11.45 h. Víctor ParedesPreparador Físico Rayo Vallecano. Proposta teórico-práctica de Preparación Física en campo como método preventivo de lesións.
  • 13.00 h. José Francisco Molina. Adestrador de Fútbol RFEF. Ex entrenador KITCHEE SC (Hong Kong) Villarreal CF (España). Transición Ataque-Defensa. Presión tras pérdida, Reorganización.
  • 16.30 h. Albert Roca. Ex Seleccionador Nacional de El Salvador. Fútbol Contextualizado. Experiencias na Selección Nacional de El Salvador.
  • 17:45 h. Juanjo Vila. Adestrador UEFA PRO e Director de Fútbol Táctico. Factores determinantes da defensa en futbol. Orientación defensiva, Defensa de parede e Vixilancias defensivas ofensivas.
  • 19:15 h. Manuel Sotelo. Adestrador Nacional de Fútbol RFEF. Adestrador de porteiros do Real Club Deportivo da Coruña.
  • 20:30 h. Paulo Jorge dos Santos Noga. Coordinador Executivo de Formación do FC Oporto. O entrenamento en proceso de formación.
DOMINGO 5 DE XUÑO
  • 10.00 h. Francisco Sánchez. Adestrador de Fútbol RFEF e Analista táctico no Atlético de Madrid.  Análisis táctico en futbol. Que esconde o teu  rival?
  • 11.45 h. Antonio Cortes Ines. Director Deportivo da Academia de Fútbol de Angola (AFA). Estratexias de adestramento táctico de futbol 7 con futbolistas africanos.
  • 13.00 h. Carlos Inarejos. Adestrador Nacional Fútbol RFEF - Autor dos libros: O adestramento en especificidade e Periodización Táctica: da visión da realidade cara unha visión prácticaCómo aplicar a Periodización Táctica na práctica?



Galería

Compartir: